blix



Úrsula Heinze: Xente coma min
Col. Realidade. Sotelo Blanco Edicións
Santiago, 1989

Xente coma min

Juan, mozo de quince anos que vive nas aforas de Santiago, repetidor desmotivado nos estudios, conta que lle gustan os animais e as súas plantas de opio. Rebelde, non lles fai moito caso aos seus pais e cos seus amigos (maiores ca el, algúns pínchanse) ten roubado pequenas cousas. Séntese diferente dos seus compañeiros de colexio. Aínda non atopou ningunha rapaza coa que ir en serio. Sen memoria da nenez, no futuro gustaríalle traballar en algo digno. Pero non ten soños nin moita esperanza: cre que o futuro non existe para xente coma el.
Libro-crónica baseado nas conversas cun mozo a xeito de mostra documental da realidade problemática dunha parte da xuventude nesta sociedade consumista.

94 p. - 21x14 cm.                                                         ISBN    84-7824-022-5



Opinion