blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN                  XÉNERO         ·         ANO



Varios: Veas Verdes e catro contos máis
Agrupación de Libreiros / Casa da Xuventude de Ourense. Ourense, 2001
Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2000

Veas Verdes e catro contos máis

Volume no que se recollen o relato premiado no XVII Concurso de Contos para a Mocidade 2000 e os catro accésits. A edición ábrese cun breve limiar asinado polas dúas entidades organizadoras no que se constata con satisfacción a existencia, nunha sociedade como a actual, onde a superficialidade gaña terreo, de mozos e mozas que senten a necesidade de expresar o seu xeito de ver o mundo a través da cultura da escrita.
Reprodúcense a continuación os contos premiados. En primeiro lugar, o relato gañador, "Veas Verdes", de Eva Moreda Rodríguez e a seguir os catro textos que mereceron accésit: "A través do corazón molusco", de Emma Pedreira Lombardía, "Caeu a noite", de Alberto Rodríguez Díaz, "Paranoia", de Alba López López, e "Pantomima", da autoría de Raúl e Lois Pérez Diéguez.
Inclúese tamén a ficha técnica do xurado así como a relación dos cincuenta e cinco participantes, con indicación da localidade de procedencia e ano de nacemento. Pecha o libro un Cadro de Honra, no que figuran os gañadores nas diferentes edicións do concurso, desde 1984.

98 p. - 13x20 cm.         ISBN    84-453-3007-1
os lectores opinan Opinion