blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·          COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Agustín Fernández Paz: O único que queda é o amor
Ilustracións de Pablo Auladell
Col. Edicións Singulares. Eds. Xerais. Vigo, 2007
Premio Xosé Neira Vilas ao Libro Infantil e Xuvenil do ano 2007
Premio de Literatura Infanto-Xuvenil AELG-GÁLIX 2008
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil 2008

O único que queda é o amor

Conxunto de relatos que teñen un eixo común: o amor.
Un radiante silencio: cando abren unha librería onda o banco no que traballa, unha muller comeza a atopar unhas tarxetas nos libros con poemas dedicados. Así un día tras outro. Pero aínda que intenta descubrir o posible autor, non dá con el, polo que non volve á librería, onde o libreiro acaba queimando as tarxetas con versos que tiña preparadas para ela.
Conxunto de relatos que teñen un eixo común: o amor.
Un radiante silencio: cando abren unha librería onda o banco no que traballa, unha muller comeza a atopar unhas tarxetas nos libros con poemas dedicados. Así un día tras outro. Pero aínda que intenta descubrir o posible autor, non dá con el, polo que non volve á librería, onde o libreiro acaba queimando as tarxetas con versos que tiña preparadas para ela.
Amor de agosto: moitos anos despois, un home, que de mozo se bicou cunha rapaza nunha carballeira, e tivo que emigar cando se enteirou o pai e o despediu do traballo, vai queimar as cartas dela, rompendo así definitivamente o rito de visitar a vila do seu amor adolescente, que mantivo malia que había anos que os dous tiñan xa parella.
Esa estraña lucidez: conta un can que vai co seu amo todas as noites axexar as ventás da casa dunha muller. Pero ninguén os ve porque son fantasmas que tiveron un ano de prórroga en terra dos vivos. Recorda cando o amo a coñeceu a Ela paseando con outro can. Cambioulle o carácter, tornouse máis alegre. Mais venceuno a tristeza cando se deixaron. Até o día no que un raio fendeu o coche no que volvían de coller castañas.
Unha historia de fantasmas: lembra unha narradora feminina de cando facendo o camiño de Santiago dende Pamplona un home contou á noite na pousada dun accidente de coche que deixou viúva e sumida na tristeza e soidade a unha muller. Até que empezou a sentir a presencia do marido na casa, que logo se fixo real nas flores que alguén levara, e mesmo no libro de Valente que atopou aberto enriba da cama co poema que ela tantas veces lle lera. Intenta a narradora ao día seguinte falar co relator da historia, mais desaparecera. E ao mirar o xornal de catro anos antes, cando ocorrera o accidente, viu a foto do morto: era o home que contara o sucedido.
Ríos da memoria: unha muller vai anos despois ao encontro do regato que foi testemuña da súa despedida dun amor da adolescencia, cando a vida a obrigou a separarse del e do seu mozo. Pero xa non existe.
Unha versión deste relato publicouse con anterioridade no libro colectivo Narradio. 56 historias no ar.
Loanza da filatelia: un home colecciona caixas de mistos, mais, cando morre, a muller quéimaas nun inverno frío e con elas un diamante que unha gardaba e que el lle ía regalar ao cumprir 25 anos de casados.
Unha foto na rúa: un home atopa nas rúas de Vigo varias fotos dunha muller moi fermosa; como unha delas estaba preto da universidade e tiña o nome de Diana, intenta localizala simulando que traballa para unha empresa de sondaxes. Pero non ten éxito. É a muller que deixa unha última foto na plataforma antes de subir ao tren, que se dedica a viaxar logo de que lle tocase a lotería e vai deixando fotos súas polos lugares que visita.
Este relato publicouse con anterioridade, nunha versión un pouco máis curta e con diferencias textuais mínimas, en Contos de máscaras, rúas, perdicións e caníbales.
Meditación ante o álbum de fotos familiar: un home descobre con abraio ao facer reformas no pazo familiar que el herdou que nunha parede agachada hai un cadáver cunha bala no cránio. E mirando a foto familiar cavila en quen podería ser o asasino.
Despois de tantos anos: cando unha muller recibe a nova de que un antigo pretendente da adolescencia acaba de morrer, lembra con nostalxia que daquela, cando el lle regalou as Rimas de Bécquer, xa tiña outro mozo, co que casou e viviu unha vida, que quizais podería ter sido máis feliz de terse decidido por el.
Un río de palabras: a literatura en forma de fragmentos de novelas deixados polas paredes, como se de anuncios se tratasen, que o narrador vai deixando, e aos que logo se lles unen poemas que outros tamén pegan, pode encher a cidade de palabras.
Finalmente, inclúese unha reflexión sobre a xénese e as circunstancias de elaboración do libro, De amores e de libros, onde o autor explica que todos os relatos -algúns deles publicados en diversos medios en versións previas- falan da importancia do amor e tamén da súa ausencia. E o seu tributo en forma de citas a autores como Valente ou Paul Auster.
A edición incorpora, tamén, unhas delicadas ilustracións de Pablo Auladell.

176 p. - 22x14 cm.                         ISBN    978-84-9782-628-0
os lectores opinan Opinion



  traducións        
Castelán

Lo único que queda es el amor
Il. Pablo Auladell - Trad. María Isabel Soto López
Col. Leer y pensar. Anaya. Madrid, 2007
176 p. - 23x15 cm / ISBN: 978-84-667-6482-7

Catalán

Només ens queda l'amor
Trad. Josep Franco Alzira
Col. Espurna, 88. Ed. Bromera. Alzira, 2008
184 p. - 21x13 cm / ISBN: 978-84-9824-391-8

Portugués

Só resta o amor
Col. Mil horas de leitura, 3. Ediçoes Nelson de Matos. Lisboa, 2008
224 p. - 21x13,5 cm / ISBN: 978-989-95597-5-2

 recensións 

 .  Pablo Auladell
 .  La Voz de Galicia (.pdf)
 .  Prensa portuguesa
 .  Ex votos de amor - La Voz de Galicia
 .  Fernández Paz abre horizontes literarios - La Voz de Galicia
 .  L´Illa, 50 (Hivern 2008) (.pdf) - Edicions Bromera

 materiais 

 .  O amor é triste porque ten data de caducidade (entrevista) - El Progreso