|
|
Teresa
Moure: Unha primavera para Aldara |
![]() |
Peza teatral que se desenvolve no interior dun mosteiro, na Galicia do século XV. No exterior estoupa a Revolta Irmandiña contra os abusos dos nobres feudais. Ao convento chega Don Nuno, un cabaleiro irmandiño ferido gravemente na batalla. As regras non permiten presencia masculina no mosteiro, porén Aldara, a abadesa, decide poñer por diante a misericordia e acoller ao forasteiro. Unha decisión coma esta no convento serviu como detonante dun enfrontamento de posturas entre as monxas que culminará nunha traizón. E nunha sorpresa: cando devén historia de amor entre a abadesa e un soldado que resulta ser unha muller, convertendo o espazo intramuros nun ámbito de liberdade e o texto unha reivindicación da muller como individuo independente capaz do amor máis romántico, simbolizado a través da primavera. |
| 248 p. - 13x21 cm. ISBN 978-84-9914-027-8 |
os lectores opinan
|