| Marina Mayoral:
Tristes armas Col. Fóra de Xogo, 2. Eds. Xerais Vigo, 1994 |
![]() |
Nesta novela, a autora rende homenaxe ós
nenos da Guerra que marcharon exiliados á Unión Soviética.
Rosa e Harmonía, dúas irmás refuxiadas en terras
moscovitas, críanse alí alleas a todo o que en España
está a ocorrer neses momentos: a morte de seu pai na fronte, a
difícil vida de súa nai viúva... O único enlace das
nenas coa súa familia é unha carta que, polos avatares do
momento, tarda corenta e cinco anos en chegar ó seu destino. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1994 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996 |