blix



AUTOR        ·        LECTOR           ·          COLECCIÓN          ·          XÉNERO          ·          ANO



Todo por unha teima e catro contos máis Varios: Todo por unha teima e catro contos máis
Premio Ourense de Contos para a Mocidade 1999

Agrupación de Libreiros / Casa da Xuventude de Ourense
Ourense, 2000

Volume no que se recollen o relato premiado no XVI Concurso de Contos para a Mocidade 2000 e os catro accésits. A edición ábrese cunha presentación asinada polas dúas entidades organizadoras na que se reflexiona sobre a idoneidade dunha canle escrita, como a do presente libro, para que os autores atopen deste xeito os seus lectores, mozos coma eles, culminando así o verdadeiro fin da creación literaria.
Reprodúcense a continuación os contos premiados. En primeiro lugar, o relato gañador, "Todo por unha teima", de Martiño Maseda Lozano e a seguir os catro textos que mereceron accésit: "Cuarto baleiro", de Jorge Gende Díaz, "O proxecto McGuffin", de Santiago Bergantiños, "Metamorfose nunha noite de chuvia", de Beatriz Lorenzo Pérez, e "Auga Salgada", da autoría de Marta Fernández López.
Inclúese tamén a ficha técnica do xurado así como a relación dos corenta e sete participantes, con indicación da localidade de procedencia e ano de nacemento.

70 p. - 13x20 cm.                     D.L.  OU-71/2000
os lectores opinan Opinion