blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Todo ben Manuel Rivas: Todo ben
Ilustracións de María Rivas
Col. Xabarín, 15. Eds. Xerais
Vigo, 1985

A nova do asasinato dun rico emigrante galego no Estadio de Maracaná, na que se inculpa como principal sospeitoso ao xornalista deportivo Marcos Andrade, serve de pórtico para coñecer a este galego náufrago e poeta namorado do futbol.
Era, cóntasenos, un home íntegro e solitario que buscou novos horizontes en Brasil, colaborando para "O Globo" con crónicas deportivas. Instalado nunha modesta pensión, fíxose amigo de Jean Claude, quen logo desapareceu, pouco antes de que uns policías da PM o viñesen buscar e interveñesen na morte da súa amante e do seu mellor amigo. Marcos Andrade descubriu que era en realidade un escultor brasileiro "exiliado" cando atopou o seu cadáver no Jardim Botánico, dentro dunha escultura e cunha relación de membros e víctimas dos Escadróns da Morte.
O seu relativo éxito como xornalista fixo que Marcos coñecese a galegos triunfadores como empresarios, un dos cales, Andrés Fingoi, pediulle axuda na súa campaña para facerse coa presidencia do Flamengo fronte á candidatura dun aristócrata local. Logo de chegar a un acordo con este, malia as súas ideas, nun partido en Maracaná, un disparo acabou coa súa vida.
Lonxe de todos, na illa-prisión de Olinda, o suposto italiano Giovanni Tronti, en misión de colleita de datos antropolóxicos, intercambia os seus papeis de turista cos dun artesán preso, condenado por un asasinato en defensa da súa honra. Alí segue, xogando con todos ao fútbol.

104 p. - 13x19 cm.               ISBN    84-7507-206-2
os lectores opinan Opinion