blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Terá as túas balas Xabier Cid: Terá as túas balas
Col. DoceXVintedous. Sotelo Blanco Edicións
Santiago, 2000

Damián, duns corenta anos, asasino profesional desde hai case vinte e uns cen mortos no seu historial, cruza a ría na lancha camiño de M durante varios días, coma quen que vai traballar na cidade de informático. Prepárase para cumprir a encarga do "comandante" de matar a un coñecido sindicalista dunha empresa de plásticos. Logo de dez días de facer o traxecto, esgánalle o pescozo, como un pato, e bota o cadáver ao mar.
Pero amplíase o traballo: debe conseguir uns papeis que tiña o morto, Manel, que poderían impedir a fusión da empresa de plásticos con outra norueguesa. Un descoñecido advírteo na noite de que é un asunto de armas.
Cando aparece o cadáver no mar, morre tamén, atropelado por un coche, Delmiro, compañeiro de Manel. Damián sospeita que é obra do seu cliente e trata de localizar a Xulia, de quen falan as traballadoras que viaxan na lancha. Por un borracho, infórmase da misteriosa muller. Logo, fai que caia ao mar.
O día do enterro multitudinario dos dous sindicalistas nos que M tiña posta a súa esperanza roxa para saír da decadencia, Damián faise cos papeis na casa de Delmiro. Agáchaos convenientemente na aldea, nun cabaceiro. Despois entrevístase coa rica e guapa Xulia, que resulta ser filla do "comandante", que non é tal senón que dirixe a empresa na que traballaba Manel.
Nun novo encontro con Xulia, Damián entéirase de que era amante de Manel, quen atopara unhas facturas de compra e venda de fusís de asalto enriba dunha máquina de troquelar, descubrindo así que o negocio do "comandante", máis alá do plástico, era de export-import de armas de combate. Como se nega a entregarlle os papeis, dous tiros dela fan que sinta o olor da praia e todo se lle vai tornando branco...
Non queda deste xeito ninguén que poida sacar á luz os papeis comprometedores. A frase preferida de Damián ("trátase, fundamentalmente, de ficar vivo") é agora unha cruel ironía, como os libros de poemas que gustaba de comprar para non os ler, aló, en Ferrolterra...

120 p. - 12x22 cm.               ISBN    84-7824-371-2
os lectores opinan Opinion