blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



S.O.S. Pepe Carballude:
S.O.S.
S.O.S.
Col. Árbore, 70. Serie Rosa
Ed. Galaxia. Vigo, 1994
Col. Costa Oeste, 12
Ed. Galaxia. Vigo, 1998

Novela xuvenil baseada nun feito real: o embarrancamento do buque Casón, cargado de materiais contaminantes, na Costa da Morte.
Ó longo de once capítulos divididos en días e horas, un narrador omnisciente en terceira persoa relátano-lo efecto psicolóxico, social e político que un acontecemento desta índole pode chegar a exercer sobre unha colectividade.
A acción xira arredor de dous núcleos principais: a conflictiva vida laboral dun político (que por mor da súa dedicación exclusiva ó traballo case perde muller e fillas) e unha tráxica historia de amor entre dous mozos. Un entramado que permite ó autor, narrador e personaxes reflexionar sobre un bo conxunto de temas actuais (ecoloxía, discriminación social, manipulación de masas, responsabilidade política, etc.).

124p.-21x12cm.   ISBN 84-7154-916-6
os lectores opinan Opinion
146p.-21x14cm.   ISBN 84-8288-179-5




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996