blix



Xabier Alcalde: A sorte de espertar
Col. Costa Oeste, 25. Ed. Galaxia
Vigo, 1999

A sorte de espertar

Aurora e Lidia coñecéronse naquel último curso de bacharelato, no 77-78: eran dúas almas dispares milagrosamente unidas pola soidade. Lidia, mala nos estudios, ve as telenovelas; Aurora, culta, intelixente e cunha forte personalidade, decide ser a súa conselleira intelectual e guía vital, facilitándolle libros e procurando que aumente a súa madurez e independencia persoal, en concordancia coas ideas do profesor de filosofía. As propias amigas de Lidia parécenlle demasiado elementais a Aurora, que pasa a converterse no seu centro de referencia imprescindible.
Remata o curso e Lidia suspende catro materias, pero mantén a ilusión de aprobalas en setembro e estudiar xornalismo. O pai non a cre capaz, e mesmo recea da súa amizade con Aurora, seica unha influencia negativa na súa filla, que atopa cambiada e máis altiva. O control de Aurora sobre ela chega ata cuestionar unha conversa excesivamente longa nunha festa cun rapaz que a Lidia lle cae ben. Pero a Aurora non, e esta é o seu modelo a imitar.
Pero setembro supón unha grande frustración para as ilusións de Lidia: suspende as catro. E, o que é máis duro, debe dicírllelo aos pais. Entón arrédanse definitivamente os camiños das dúas amigas. Lidia traballa de axudante de farmacia e logo casa. Aurora remata brillantemente Historia e Xornalismo. No puidera sacar a Lidia da mediocridade, pero a amizade daqueles meses quedará para sempre nas súas vidas.

132 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-8288-310-0



Opinion