blix



Mini (Xosé L. Rivas Cruz), Mero (Baldomero Iglesias Dobarrio): Somos lenda viva
Ilustracións de Natalia Ledo e Mª José González
Ed. Citania. Lugo, 1996

Somos lenda viva

Reúnense neste volume un conxunto de lendas recollidas da nosa tradición oral e procedentes, fundamentalmente, do Concello de Mesía (A Coruña). O volume, dedicado "á xente miúda", ábrese cunha introducción na que os recompiladores falan das características das lendas, das súas diferencias co conto, dos personaxes máis habituais, etc. Manifestan, tamén, a intención de dar a coñecer estes testemuños entre o público infantil e xuvenil.
Preséntanse estas lendas agrupadas por bloques temáticos segundo a presencia nelas de reis e fadas, mouros, encantadores, santos milagreiros, bruxas, animais, trasnos, etc. Noutros casos parten dunha explicación sobre as augas, as fontes, os penedos ou os tesouros agochados.

263 p. - 23x12 cm.                                                          ISBN    84-8231-014-3



A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion