blix



Suso de Toro: A sombra cazadora
Col. Fóra de Xogo, 1. Edicións Xerais
Vigo, 1994

A sombra cazadora

Un comunicador, gran estrela da televisión, consegue, por medio dun complexo proceso informático, reduplica-la súa imaxe para poder aparecer en varios programas ó mesmo tempo. A súa imaxe dobre vai apoderándose pouco a pouco de todo e acaba intentando destruílo a el e a toda a súa familia.
Para fuxir deste perigo, o presentador múdase a vivir a unha casa completamente illada do mundo exterior. Morto este, os seus dous fillos, especialmente Clara, loitarán por ter unha existencia de seu, sen depender da imaxe.
O remate chega coa eliminación da maléfica imaxe, o cal posibilita novamente a esperanza dun mundo mellor.

216 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-7507-841-9



A nosa literatura infantil e xuvenil 1994
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón.
Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996



Opinion