blix



Jaureguízar: Salitre
Col. Fóra de Xogo, 38
Eds. Xerais. Vigo, 2000

Salitre

Eduardo (Edu), de 15 anos, pasa, como todas as tardes, pola praia onde hai seis anos súa mai desapareceu (segundo o pai, en realidade liscou cun viaxante), mira unha foto dela e segue camiño. Descobre entón a silueta dun surfista ao que parecen seguir delfíns. Vaille axudar ao pai na súa baiuca no areal de Llas, en Foz. Hoxe está un extranxeiro descoñecido, o Americano, que bebe de máis. Cando pechan, lévao Edu na moto. Cóntalle que desde a morte da súa muller vive nunha furgoneta con dúas compañeiras: a guitarra, Linda, e Jack Daniels, a botella de whisky.
Na noite seguinte, acompaña a súa moza Paula á casa do paquistaní Hanif para comprar unha táboa de surf. Logo, van á praia, onde fai surf núa. Edu sospeita entón que debe ser ela a que atrae os delfíns, culpables coa súa presencia de que non haxa peixes. Pero aos mariñeiros que matan o tempo na tasca por non haber pesca dilles que o surfer nocturno é Hanif. Como intentan vingarse queimándolle a tenda, Edu, arrepentido, confésalle ao Americano que mentiu por celos, pois sospeita que Hanif se leva coa súa moza; entón o Americano dille a súa verdade: traballou nos EE.UU. nunha central eléctrica, que deixou para vagar polo mundo cando, por culpa duns planos seus mal feitos, morreron catro inspectores.
Desaparecidos Hanif e o Americano, volve a pesca. Pero unha noite reaparece o surfista. Os mariñeiros exaltados dispáranlle nunha perna: resulta ser Paula, quen camiño do hospital acláralle a Edu que só é amiga de Hanif e o quere a el.
Un equipo de televisión vén para entrevistar o Americano: en realidade, un australiano campión mundial de surf, que tiña uns altofalantes con ultrasóns que atraían os delfíns. Cando Edu se dispón a ir ata o hospital, chámano por teléfono: é a súa mai.

136 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-8302-480-2



Opinion