blix



Jaureguízar: A rutina corsaria
Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 26
Vigo, 1998

A rutina corsaria

O fareiro da illa Pancha, situada na entrada da ría de Ribadeo, relata cómo estando fastiado da súa vida diaria se fai cunha tripulación de corsarios e emprende unha viaxe na procura de grandes aventuras e tesouros. Logo de autonomearse capitán Thunderskin e de facer da illa Pancha o seu barco veleiro, secuestrará a filla dun rico home e navegará polas augas do Mar do Arco Iris, xunto coa súa tripulación. Ó longo da súa viaxe coñecerán unha serie de personaxes un tanto estraños e visitarán lugares descoñecidos como a Fin do Mundo, a Terra Australis Incógnita ou a Illa do Tesouro. Nesta illa, atopará o capitán un tesouro semellante ó que soterrara o pirata Flint e visitará un balneario, onde residían as maiores glorias do mundo corsario. Despertará, só e sen tripulación, novamente nas terras de Ribadeo. Dubidando de se o que lle acontecera fora froito da súa imaxinación ou fora verídico, proponse ir na procura dunha nova tripulación para iniciar outra interesante aventura.
Trátase dunha novela de aventuras que leva o lector a lugares insólitos e poboados de seres un tanto extravagantes.

160 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-8302-256-7



A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000



Opinion