blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Roslía Xosé A. Neira Cruz: Rosalía
Ilustracións de Manuel Uhía
Col. Así viviu, 1. Eds. Xerais
Vigo, 1997

Con esta obra preténdese dar a coñecer dun xeito novelado e ameno algúns datos biográficos non moi coñecidos de Rosalía de Castro. A historia está contada e protagonizada por Amaro Mendiño, un enxeñeiro que é capaz de viaxar no espacio e no tempo acompañado polo seu ordenador Chiño. Neste caso, atendendo a invitación da Biblioteca Nova 33, ten que desprazarse ata a Compostela do XIX para coñecer máis de preto a vida da escritora padronesa, dende o nacemento ata a morte. Ten que cumprir tres condicións: "non insmiscirse na vida da xente da época", "non revelar calquera dato sobre o futuro" e "regresar sen deixar rastro ningún no pasado".
Inclúe fragmentos de obras rosalianas e diferencia os feitos históricos dos novelados por medio de grafías distintas.
(Texto publicado anteriormente no volume colectivo Contos da viaxe)

96 p. - 19x14 cm.               ISBN    84-8302-087-4
os lectores opinan Opinion




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1997
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López.
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 17. 1998