|
![]() |
Marina Mayoral: Quen matou a Inmaculada de Silva? Col. Fóra de Xogo, 117. Eds. Xerais. Vigo, 2009 |
|
Etelvina de Silva, orfa de nacemento, educada en
Madrid dende moi nova polo seu tío Alberte, durante o curso escolar e o
verán que pasou en Brétema, na casa das súas tres
tías avoas, descubre a súa vocación literaria. Axudada
pola súa curmá Catara e por Juancho, un compañeiro do
instituto con ansias de artista do que se namora, acometerá unha
investigación no seu pasado familiar, que a levará a tratar de
averiguar que sucedeu realmente aquela noite na casa familiar da Braña,
onde hai tres décadas morreron Antón do Cañote, un fuxido,
un loitador sen esperanza, e Inmaculada de Silva, unha antepasada, unha beleza,
unha cazadora de primeira, a quen todos din que ela moito imita. Tras esta
experiencia, Etel sabe que será escritora, a súa maneira de
deixar unha pegada do seu paso polo mundo, ao tempo que se decata de que na
literatura como no amor sempre hai cabos soltos. |
| 192 p. - 21x13 cm. ISBN 978-84-9782-566-5 |
os lectores opinan
|