blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



¿Quen levou... Varios:
¿Quen levou esta noite a metade da lúa?
Premios do XXII Certame Literario "Minerva"

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 1995

Manuel Quintáns Suárez, membro do xurado, expón no Limiar unha elaborada reflexión sobre a literatura infantil-xuvenil como forma da arte literaria, analizando a súa presencia histórica e a incidencia fundamental nela da preocupación educativa. Ademais, aborda a posible existencia da literatura feminina e as diferencias de concepción entre os poetas e narradores premiados, destacando a virtude da naturalidade e a sinxeleza, exemplificando con comentarios críticos sobre as obras galardoadas neste certame do Colexio Peleteiro.
Recóllense a continuación os traballos premiados. En primeiro lugar, os poéticos, da autoría de Antonio Millán Torrado, Arturo Pérez Sánchez, Luís López Alonso, María Castro Lubián, Eva Oreiro García e Alejandro Penas Riobás. Os autores dos textos narrativos son Martín Fernando López López, Karen Janse Español, Noa Pérez González e Rubén Álvarez Pino. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.

104 p. - 19x19 cm.                   D.L. C-267-1995
os lectores opinan Opinion