| M. Lourenzo
González: O que é a vida Col. Fóra de Xogo, 54. Eds. Xerais Vigo, 2001 |
![]() |
Teo Runner, o repartidor máis
rápido do Interpizza, aguanta a un xefe irascible e moi esixente.
Aproveita as súas saídas na Bultaco para emular os heroes
cinematográficos e restaurar a orde e a xustiza na cidade. Runner non
esquecerá botar a Primitiva que xoga a medias co seu amigo Fins ou
chamar a Susi e a Lore, esas mozas que tanto o queren. Na súa vida,
pois, hai un lugar para a amizade, e de repente aparece o amor. Pero da orde e
da xustiza tamén se ocupan os policías Santos e Palmeira, e
tamén viven a amizade e o amor. Unha proba máis do que a vida.
Santos e Palmeira patrullan incansables a cidade ata que o seu coche se atopa,
sorpresivamente, coa Bultaco de Runner. O que é a vida é
unha novela urbana de ritmo vertixinoso, unha homenaxe á cultura do cine
e do cómic contemporáneo. |
|