|
![]() |
Agustín Agra: Proxecto Bolboreta Col. Fóra de Xogo, 114. Eds. Xerais. Vigo, 2008 |
|
Hadrián Barcés, matemático e
gran soñador, decide realizar unha viaxe dende Pequín a Nova York
coa intención de comprobar a veracidade do conxunto de teorías
coñecidas como Efecto Bolboreta, acuñadas por
científicos como James Gleick e Edward Lorenz a partir do proverbio
chinés: o bater das ás dunha bolboreta pódese sentir
ao outro lado do mundo. Hadrián recollerá no seu diario as
detalladas anotacións desta aventura científica e solitaria polo
mundo enteiro na que conseguirá resolver algunhas das súas
incógnitas, sufrirá moitas penurias e decepcións,
vivirá acontecementos inesperados e mesmo atopará neses vieiros o
rostro fermoso da bolboreta do amor, o símbolo de todos os seus
soños. O Proxecto Bolboreta é un xeito diferente de vida, un
soño que merece ser cumprido. |
| 120 p. - 21x13 cm. ISBN 978-84-9782-824-6 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|