blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Proxecto Pomba Dourada Miguel Vázquez Freire:
Proxecto Pomba Dourada
Proxecto Pomba Dourada
Ilustracións: M. A. Vigo
Col. Textos. Ed. Vía Láctea
A Coruña, 1987
Col. Fóra de xogo, 43
Eds. Xerais. Vigo, 2001

Cando Arno baixou do aerobús de volta da escola, atopouse cos corpos de seus pais mortos. Deixáranlle unha mensaxe no ordenador: temen que os maten pola súa descuberta dunha rede de información que controla todos os ordenadores e sabe dos seus traballos nun programa para facelo imposible. Debe marchar para Fisterra e buscar o Mestre Cego, coa axuda de Merlín, un anel que ao esfregalo fala con Arno só e ten os datos do proxecto de programa "Pomba Dourada".
Emprende a viaxe e descobre o mundo de máis alá da cidade, dos "borrallas", semisalvaxes que se alimentan do lixo das cidades, nas que lles impiden entrar, pois só admiten os homes sans. Tres deles, o xigante Imaz, mudo e desdentado, a moza Gwendaill (que llee fai sentir algo novo) e o tolleito en cadeira de rodas, Arturo, recólleno cando se bota do "ferrocosteiro" en marcha ao decatarse de queo policía Lesoto e outro home misteiros o seguen. Acompáñano, uníndose a un grupo de peregrinos a Campus Stellae ata a "Catedral". Pero o seu perseguidor, Sowetto, xefe da organización clandestina que matara os seus pais, captura a Arno e con descargas eléctricas pretende que lle fale do programa informático. Rescátao Gwendaill gracias a Merlín, que a guía transmitíndolle calor no dedo. Seguen camiño protexidos polos piratas que trafican con vídeos musicais, pero na beiramar sorpréndeos Sowetto, do que libran gracias a que por fin o detén Lesoto.
En Fisterra, o Mestre Cego explícalle a Arno que o proxecto "Pomba Dourada" necesitará anos de traballo. Recorda a lección do Home Memoria dos borrallas, o vello sabio Bundarag, sobre as viaxes do home, desde Ulises aos astronautas. E aprende así, con Merlín, que o máis valioso da viaxe é o camiño.
Nun Epílogo datado na 3ª Centuria da Nova Cronoloxía, infórmase ao lector da dificultade de entender estes feitos, pertencentes a costumes dos tempos recuados da Vella Cronoloxía.

160p.-21x13cm.   ISBN 84-86531-15-2
os lectores opinan Opinion
160p.-21x13cm.   ISBN 84-8302-677-5