|
Tevo, vello amigo, escríbelle unha carta a
Xandro citándoo, desesperado: está "tirado" e con débedas
que nunca dará pagado co que saca vendendo panos nos semáforos.
Pero antes de chegar a hora do reencontro, morre. Comeza entón a
lembrar Xandro en primeira persoa cómo coñeceu a Tevo no colexio
e empezaron cos canutos e pequenos roubos. Con outra amiga, formaban un
trío de "colgados" que traficaron con heroína e arruinaron o seu
futuro. A Tevo ata a súa propia mai, que mesmo lle chegara a preparar un
pico, o denunciou, pois vendía todo o que pillaba na casa para
subministrarse droga. Unha vella amiga vénlle demandar axuda para manter
a súa dependencia. É testemuña do asasinato en pleno
Entroido do vello traficante Lilico. El pasou por varias clínicas de
desintoxicación, viu morrer a varios compañeiros e agora
está desenganchado. Traballa nun pub e ten moza, ensinante, coa que
comparte piso. Aos seus 31 anos séntese parte dunha xeración de
revolucionarios fracasados. Unha empresa americana quere vender a
lúa en anacos. Non ten fin esta historia baseada en feitos reais:
virán máis lúas. |