|
| Fran Alonso:
Poetízate. Antoloxía da poesía
galega Col. Fóra de Xogo, 89. Eds. Xerais. Vigo, 2006 |
![]() |
Antoloxía da
poesía galega contemporánea que se marca como obxectivo o
achegamento dos lectores mozos ao xénero. Nun limiar, "A poesía
non morde", o antólogo, o recoñecido poeta, narrador, editor e
xornalista Fran Alonso presenta a súa concepción dunha escolma
diferente. Comeza argumentando contra os tópicos asociados co
xénero: romántico (pois é moi variado e mesmo ás
veces duro como a vida), difícil (xa que moitos textos admiten unha
primeira e rápida lectura tan gozosa como intelixible) ou aburrido
(tamén hai lugar para o divertimento e o humor). Tampouco foi sempre
para unha minoría e, ademais, é o xénero máis
transgresor e libertario, contra o poder. Ten a virtude de curar males do
espírito e tamén do corpo. En todo caso, non pasa nada por probar
lendo estes poemas, pois a poesía non morde, porque nin sequera ten
dentes. |
| 211 p. - 13x21 cm. ISBN 84-9782-402-4 |
os lectores opinan
|
![]() |
Fran Alonso: Poetízate. Antoloxía da poesía
galega 8ª edición, actualizada e ampliada, con limiar de Carlos Negro Col. Fóra de Xogo, 46. Edicións Xerais. Vigo, 2011 224 p. - 13,5 x 21 cm. ISBN 978-84-9914-250-0 |
| materiais |
|