blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Paisaxe con fondo gris Pepe Carballude: Paisaxe con fondo gris
Col. Costa Oeste, 32. Ed. Galaxia
Vigo, 2001

Mentres vela durante toda a noite o corpo sen vida de seu pai, Alfredo Fontenla lembra cando con doce anos súa nai Felisa o levou ao internado a Auria. Nunca saíra da aldea e tivo que sufrir o uniforme, as novatadas e os típicos problemas de adaptación a un novo territorio. As novas amizades, os guateques, o cine e a comunicación cun profesor galeguista fóronlle abrindo os ollos a un novo mundo. O seu pai teimaba en que entrase no exército, como o outro fillo, que pola súa presión meteuse na garda civil sen vocación. Mesmo, na súa obsesión militarista, chegou a torturar e matar un peixe do acuario e queimar os libros da casa, Biblia incluída. Pero Alfredo quería estudiar Químicas. A avoa Virtudes estimaba o seu traballo cos libros e a súa mai apoiaba a súa decisión, polo que marchou da casa para onda unha tía emigrada en Lleida.
Foi entón cando Primitivo deu en andar en coiros pola casa e comer os alimentos crus, polo que lle retiraron a arma. A súa conducta irascible non era nova: pegáralle a Alfredo cando era neno ata que interviu a garda civil a petición dos veciños; quixera reenganchar no exército pero botárano por conducta temeraria pois apuntáralle coa arma a un soldado.
Mentres Alfredo, recollendo froita temporeira en Cervera ou traballando en Suíza de camareiro, vai pagándose os seus estudios de químicas, apárecelle ao pai un tumor cerebral que provoca a súa xubilación anticipada e un enorme deterioro mental. Só o ingreso de Alfredo nas milicias universitarias o reconcilia con este ata o punto de, nos últimos días da súa vida, logo dunha dura hospitalización, mandar queimar os uniformes de garda civil que aínda conservaba.
Chega o día. Alfredo Fontenla, rendido, retírase a descansar.

173 p. - 20x13 cm.               ISBN    84-8288-432-8
os lectores opinan Opinion