|
![]() |
Antón Cortizas Amado: Onde o Sol non adormece Col. Fóra de Xogo, 71. Eds. Xerais Vigo, 2003 |
|
Días antes da súa entrada na
Universidade, Pedro escribe as lembranzas da súa vida con Xulia, a
súa amiga dende o berce. A ausencia de Xulia, que daquela viaxa a
Estocolmo para ser operada dunha lesión conxénita e así
recobrar a vista, e a presencia dunha vella caixiña de cedro, un obxecto
máxico e misterioso, desencadea no mozo unha esculca apaixonada do
horizonte, das paisaxes e dos soños que ambos os dous compartiron.
Dúas vidas condensadas en catorce días que permiten comprender
que cando se vive amando, un minuto pode durar unha eternidade. Unha
emocionante novela de amor que densifica as ansias de dúas persoas que
se amaron nunha paisaxe onde o horizonte se chama esperanza. Unha novela de
intriga que esculca os límites entre a fantasía e a realidade,
entre a luz e a escuridade. |
| 256 p. - 13x21 cm. ISBN 84-9782-054-1 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|