blix



AUTOR        ·        LECTOR           ·          COLECCIÓN          ·          XÉNERO         ·          ANO



Nun edificio e catro contos máis Varios: Nun edificio e catro contos máis
Premio Ourense de Contos para a Mocidade 2002

Agrupación de Libreiros / Casa da Xuventude de Ourense
Ourense, 2002

Volume no que se recollen o relato premiado no XIX Concurso de Contos para a Mocidade 2002 e os catro accésits. A edición ábrese cun breve limiar asinado polas dúas entidades organizadoras no que se reflexiona sobre a utilidade e interese deste tipo de concursos para novos autores.
Reprodúcense a continuación os contos premiados. En primeiro lugar o relato gañador, "Nun edificio", de Xosé Díaz Díaz, e a seguir os catro textos que mereceron accésit: "Cloroformo en gotas", de Iván García Campos, "Doces empachosos", de Roque Cameselle Capón, "Tralos mesmos pasos", de Noelia Parada Fernández, e "O cadrado da risa", da autoría de Guillermo García López.
Inclúese tamén a ficha técnica do xurado, así como a relación dos corenta e tres participantes, con indicación da localidade de procedencia e ano de nacemento. Pecha o libro un Cadro de Honra, no que figuran os gañadores nas diferentes edicións do concurso, desde 1984.

89 p. - 13x20 cm.                     ISBN    84-453-3449-2
os lectores opinan Opinion