blix



Os nosos versos (antoloxía)
(selección de Antonio García Teijeiro)

Ilustracións de Fino Lorenzo
Col. Sopa de libros, 1. Ed. Anaya. Madrid, 1997

Os nosos versos

Antonio García Teijeiro, o autor galego que máis se ten dedicado á comunicación poética infantil-xuvenil, cunha ampla e recoñecida obra de creación, selecciona neste volume corenta textos de poetas e poetisas "clásicos" da nosa literatura co obxectivo de achegalos aos lectores novos. No "Prólogo" reflexiona sobre a súa concepción da escolma e a dificultade que supón a propia tarefa de antologar.
Cun número desigual de poemas de cada autor (desde un mínimo de dous ata os cinco de Celso Emilio Ferreiro), figuran doce autores e autoras imprescindibles, comezando polos tres grandes mestres do Rexurdimento decimonónico: Rosalía de Castro, Eduardo Pondal, M. Curros Enríquez, Antonio Noriega Varela, Ramón Cabanillas, Luís Amado Carballo, Aquilino Iglesia Alvariño, Xosé María Álvarez Blázquez, María Mariño, Luís Pimentel, Álvaro Cunqueiro e Celso Emilio Ferreiro.
A edición inclúe un expresivo traballo de ilustración, que aporta moi axeitadamente outra lectura poética.

104 p. - 20x13 cm.                                                         ISBN    84-207-8259-9



Opinion