|
![]() |
Varios: No ocaso dos
poemas XXXII Premios Literarios "Minerva" Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos Santiago de Compostela, 2005 |
|
X. L. Méndez Ferrín, en calidade de
mantenedor nesta edición do concurso, reflexiona no Limiar sobre os
diversos axentes de cada sistema literario -desde os lectores aos
políticos do contrapoder-, que a fin de contas forma parte da literatura
universal e nela se incardina. Como, agás un autor, gañaron en
todas as categorías as autoras, recorda que a literatura galega ten como
símbolo principal e indiscutido a Rosalía de Castro, caso
único nas literaturas do mundo. A importante participación no
certame (196 traballos presentados) sérvelle para confirmar a vitalidade
do relevo xeracional, cumprindo así un rol importantísimo no noso
espazo literario, que tamén soubo recuperar a súa presencia na
posguerra cando a literatura galega estaba condenada polo poder a desaparecer.
Finalmente, fai unhas consideracións sobre a necesidade que teñen
os escritores galegos de hoxe de manter o espírito dos Precursores, por
integrantes dunha cultura e linguas non normalizadas, sen esquecer a necesidade
de piratear todas as literaturas de fóra que poidan. E coa
ambición de lanzarse ao novo, ao descoñecido, rachando as
inercias e constituíndo estanzas que nunca antes foran vistas nin
visitadas. |
| 118 p. - 19x19 cm. ISBN 84-609-4096-9 |
os lectores opinan
|