blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



No abeiro da lúa Varios: No abeiro da lúa
Premios do XXVII Certame Literario "Minerva

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 2000

No Limiar reprodúcese a intervención de Xosé Neira Vilas, na súa condición de mantedor do acto de entrega dos premios. Caracteriza brevemente as obras galardoadas e anima aos autores a que descubran por si mesmos unha voz, unha maneira propia de escribir desde a modestia e contra a mentira e a inxustiza.
Seguen, logo, os traballos premiados. En primeiro lugar, os poéticos, da autoría de Eduardo González Solleiro, A. Roque Cameselle Capón, Samuel Solleiro González, Eva Moreda Rodríguez, Helías Portela Fernández e Francisco Rodríguez Lago. Os autores dos textos narrativos son A. Roque Cameselle Capón, Lorena Domínguez Blanco, Diego Alfonsín Rivero, Sandra Martínez Fernández, Verónica Rodríguez Piñeiro e Andrea Álvarez Pino. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.

116 p. - 19x19 cm.                   D.L. C-351-2000
os lectores opinan Opinion