blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Mutacións xenéticas Fina Casalderrey: Mutacións xenéticas
Ilustracións de Norberto Fernández Serrano
Editorial Vía Láctea. A Coruña, 1991

Hadrián, aos seus trece anos, ten que ir pasar o mes de agosto a Galicia á casa do seu avó, a quen aínda non coñece pois el vive en Cambridge. Viaxa só e no avión le unha entrevista no xornal cun polémico e misterioso neurólogo-etnógrafo. Resulta ser o seu avó, que o leva á súa sorprendente vivenda en Fisterra, unha furna submariña á que se chega por un corredor mariño de material transparente. Agacha a súa auténtica personalidade, facéndose pasar por labrego.
Hadrián descobre entón animais que obedecen as súas ordes. O avó cóntalle que está traballando en segredo, en contacto con outros dous científicos, na manipulación dos xens dos animais para convertelos en capaces de traballaren ao servicio do home, con miras a evitar a invasión de máquinas e fábricas destructoras do planeta e de combater a desigualdade entre os países.
Pero unha parella de portugueses secuestra o profesor, contratados por un colaborador seu. Pretende este que lle conte os seus avances nas investigacións para así converterse no amo do planeta. Hadrián, coa axuda dun mariñeiro amigo, emprende o seu rescate, chegando ata Portugal, onde localizan os secuestradores e conseguen liberalo.
En Senegal, cincuenta anos despois, os animais traballan na recolleita e Hadrián segue investigando na liña do avó, que recibira o Premio Nobel como pioneiro da feliz situación actual da humanidade, logo de as nacións do mundo aceptaren a distribución equitativa da riqueza.

144 p. - 21x13 cm.               ISBN    84-86531-63-2
os lectores opinan Opinion

 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais



Mutacións xenéticas . Fina Casalderrey: Mutacións xenéticas


Col. Fóra de xogo. Edicións Xerais. Vigo, 1998

Nova edición sen ilustracións e con importantes modificacións no texto.


ISBN    84-8302-313-X