|
| Vicente Piñeiro:
A morte dun editor. Derradeiros días de
Ánxel Casal Col. Docexvintedous. Sotelo Blanco Santiago de Compostela, 2009 |
![]() |
Logo de catro anos en
Santiago, cando está no derradeiro curso de Historia, Lola lembra a
sorpresa do primeiro coñecemento e descubrimento progresivo da cidade
monumental, da Historia que agachan as súas pedras. E, nun intento de
recuperar a memoria dos mártires do 36 asasinados polas forzas do mal do
fascismo, cavila na posibilidade de escribir unha novela en homenaxe á
súa heroicidade e honestidade. As conversas con Tito, un
compañeiro de clase do que se namora, anímana a comezar a
construción do seu mundo narrativo. Aconsellada por el, decide que o seu
personaxe, que ten que ser bondadoso e cunha ética a proba de
explosivos, será Ánxel Casal, o alcalde galeguista fusilado. Pero
necesita atopar o seu léxico, as palabras precisas. Ademais, como lle
apunta Alonso Montero, debe atopar o motivo que reforce a idea principal do seu
relato e documentarse sobre o contexto social para facer verosímil a
narración. Entón, cando a amizade con Tito é xa unha
intensa paixón amorosa, decídese a escribir a súa
|
| 100 p. - 12x22 cm. ISBN 978-84-7824-574-1 |
os lectores opinan
|