blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



As miņas mans... Varios:
As miñas mans, cautivas hai un tempo
Premios do XXIV Certame Literario "Minerva"

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 1997

Salvador García Bodaño, en calidade de Presidente do xurado e mantedor nesta edición do concurso, reflexiona no limiar sobre a necesaria defensa día a día da liberdade, a solidariedade e a paz, rememorando os tempos da Dictadura e das "xustas poéticas" universitarias das Festas Minervais, cando el comezou a escribir. A seguir, fai unhas breves consideracións sobre cada un dos traballos galardoados nos Premios do XXIV Certame literario "Minerva", que compoñen esta edición.
Recóllense os poemas premiados de Lucía Novás Garrido, Xosefa Castro Lago, Regina Carreira López, Manuel Núñez Armas, Antonio Bazarra Maneiro, Esperanza Calvo Vázquez, Iria Belenguer Castromán e Xosé Luís González Castro. Os autores dos textos narrativos son Xermán Hermida Castro, Noa Pérez González, Raquel Pensado Turnes, Manuel Sicart Vila, Natalia Blanco Ramos, Laura Diéguez Otero e Martín de la Rosa Llorente. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.

140 p. - 19x19 cm.                   D.L.C-283-1997
os lectores opinan Opinion