blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



A máscara de Palma Fina Casalderrey: A máscara de Palma
Col. Costa Oeste, 30. Editorial Galaxia
Vigo, 2000

Historia de misterio e amor na que Amalia se traslada á Habana fascinada pola personalidade e obra de Ernesto, un excéntrico e enigmático pintor cubano.
A primeira parte transcorre en Galicia, onde un día, mentres bucea no interior dun montón de caixas, descobre e profana a correspondencia de Ernesto. Comeza así a interesarse pola súa vida e obra. Atopa nesa correspondencia cartas de Lola, a nai de Ernesto; do seu irmán Nilo; dun home interesado por coñecer e mercar a súa obra e dunha tal Silvia, da que o pintor estivera namorado hai anos. Na segunda, relátase a estancia do pintor na casa da familia de Amalia e a posterior viaxe da rapaza e do seu irmán Vicente á Habana, coa fin de acompañar o pintor, amigo dende hai un tempo da familia dos dous protagonistas. Unha vez que chegan á illa, descobren a verdadeira identidade de Ernesto, que tivo que fuxir acusado de ser un disidente perigoso. Despois dunha serie de intrigas que culminan coa misteriosa desparición de Ernesto, un amigo do pintor comunícalles aos dous rapaces que está morto e que teñen que regresar canto antes a Galicia. Na terceira parte, Amalia e Vicente de volta na casa, ao ler a prensa Amalia descobren que Ernesto está vivo e que conseguiu acadar o éxito desexado.

228 p. - 21x14 cm.                         ISBN    84-8288-391-7
os lectores opinan Opinion



linha

Gálix: A nosa literatura infantil e xuvenil 2000
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Col. Guías culturais, 26. Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Dirección Xeral de Promoción Cultural. Santiago de Compostela, 2002