blix



Cristina Frasie: Mambo negro
Ilustracións de Norberto Fernández Serrano
Col. Narrativa. Ed. Vía Láctea. A Coruña, 1991

Mambo negro

O asasinato dun marroquino que axudaba aos magrebís que pasaban clandestinamente á península mobiliza a xornalista Clara Boia, que vén a Pontevedra desde Marrocos intentando aclarar as circunstancias da morte. Entrevista ao contrabandista de armas Lino Léom, que logo aparece morto no seu despacho. Ademais, o seu secretario, Sac Arrollas desaparece.
Ron Negriña, detective de pouca monta, vese tamén metido no caso pola petición dunha antiga moza, agora viúva do contrabandista e amante do seu socio. Ademais, unha furgoneta de morosos resulta ser da rede do traficante Sac Arrollas. Crúzase entón o seu camiño co de Clara Boia.
Polas investigacións dos dous, descóbrese unha rede de contrabando de drogas do secretario de Lino Léom, quen por certo vendía xoubas podres a Marrocos e utilizaba o seu barco, Cruz dos Caídos, para traer inmigrantes clandestinamente. Pero como a viúva resulta ser a asasina do seu amante e a xornalista a do xefe, a Ron Negriña só lle queda unha solución: perderse a nadar no mar de Sanxenxo.

128 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-86531-64-0



Opinion