blix

AUTOR       .       LECTOR        .       COLECCIÓN       .       XÉNERO       .       ANO



Xosé Vázquez Pintor: Lume de biqueira
Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 34. Vigo, 1999

Lume de biqueira

Novela centrada no mundo do fútbol e nas súas diferentes concepcións, un tema de máxima actualidade e que cada vez está a ter máis importancia a nivel mundial.
A acción sitúase no ano 2001, cando o Celta de Vigo está atravesando dificultades deportivas xa que está rexido por unha directiva interesada unicamente na súa promoción social e en conseguir as súas ambicións. Neste estado de cousas, emerxe a figura de Xaime Barreiro, un adestrador idealista e xa entrado en anos, afeito a traballar cos máis novos nas divisións inferiores do club. A súa concepción apaixonada do fútbol está máis preto do espectáculo deportivo, do esforzo e do sacrificio, que da ambición e dos cartos.
Este vello adestrador fará todo o posible por axudar a Bobi, un rapaz de cualidades excelentes para a práctica deste deporte que busca unha oportunidade. Non obstante, terán que loitar co desinterese dun adestrador estranxeiro que prefire aliñar a xogadores traídos por el e cunha directiva empeñada en facer custosas fichaxes para aparecer diante da cidadanía como salvadores do equipo. A chegada dunha estrela brasileira será decisiva para o triunfo de Bobi. Ademais, como pano de fondo, aparecen os siareiros, que seguen incondicionalmente o seu equipo partido tras partido.

276 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-8302-388-1



A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil).
Coordinación: Mª Isabel Soto López. Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural
Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia
Santiago de Compostela, 2001



Opinion