blix



Antón Cortizas Amado: Leonel
Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 11
Vigo, 1996

Leonel

Cóntase un anaco da vida de Miguel, un mozo de quince anos, que ten que pasa-lo verán na casa dos seus avós, na aldea de Grandal, por culpa dos seus suspensos. Alí producirase un cambio total da personalidade do rapaz. Así, a súa actitude negativa cara a todo, transfórmase por medio dos seus avós, do misterio que rodea ó antigo habitante da casa, o pegureiro Leonel, e do amor por Ana, rapaza coa que Miguel pasa todo o verán na busca dos relatos que Leonel deixou ocultos e de datos sobre a súa personalidade. Rematará a historia descubrindo Miguel que non hai tanta distancia entre el e os seus avós, e comprendendo que a vida rural cos seus costumes é máis interesante que a cidade de Ferrol e os seus amigos de sempre.

224 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-8302-001-7



{short description of image} A nosa literatura infantil e xuvenil 1996
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 12. 1998



Opinion