|
| Francisco X.
Fernández Naval: Lendas de onte, soños de
mañá Ilustracións de Beatriz García Trillo Col. Punto de encontro. Everest Galicia. A Coruña, 2001 |
![]() |
Conxunto de dezaseis contos de Francisco Fernández Naval (Ourense, 1956) inspirados nas lendas e historias que leu ou que lle contaron ao autor. Faise referencia neles aos versos de Celso Emilio Ferreiro, Eduardo Pondal e Shakespeare entre outros. Pártese, en todos eles, dun contexto real aínda que o argumento e o punto de unión dos relatos se centre nas lendas e tradicións populares galegas. Así atópanse historias de Finisterre, da cidade asolagada de Antioquía, de mortos viventes, de almas en pena, da Santa Compaña, da viaxe de Ith a Eirín, de casos de licantropía, de feitizos que converten aos homes en animais... Na súa maioría as historias, completadas visualmente cos debuxos a cor de Beatriz García, desenvólvense nun ambiente rural e agás un par de excepcións son contadas por un narrador omnisciente. Ao final do volume facilítase un "breve diccionario da mitoloxía urbana", no que se informa da orixe de cidades e pobos galegos, e unha bibliografía na que se documentou o autor, así como o título dos libros nos que se basean algúns relatos. |
| 192 p. - 13,7x21 cm. ISBN 84-403-0410-2 |
os lectores opinan
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 2001 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia. Coordinación: Amparo Raviña Rosende Col. Guías culturais, 29. Dirección Xeral de Promoción Cultural - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2003 |