blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Irmán Rei Artur Carlos G. Reigosa:
Irmán Rei Artur
Irmán Rei Artur
Ilustracións de Xosé Díaz
Col. Xabarín, 28. Eds. Xerais
Vigo, 1987
Col. Fóra de xogo, 53
Eds. Xerais. Vigo, 2001

O libro ábrese cunha documentada Introducción sobre o autor de León T. Vivanco e un Limiar de X.L. Méndez Ferrín sobre a tradición literaria da materia de Bretaña. Logo, Carlo G. Reigosa analiza en "¡Viva o Rei Artur!" a importancia literaria da materia artúrica como símbolo da vinganza bretona fronte á victoria militar dos anglosaxóns.
Seguen logo tres contos. O primeiro, "A tentación de Lanzarote", presenta a Lanzarote de volta a Caerleón, á corte do Rei Artur, logo de un ano de aventuras. Lembra no camiño cómo se preparou para ser un cabaleiro da Táboa Redonda, a boa acollida de Artur e o amor que inspirou á raíña Xenebra, ao que el lle corresponde, que provocou a súa fuxida da corte. Recorda cómo un xigante galés, ao que matou, lle pintou nun pesadelo un malévolo retrato do rei: tiránico e cruel. Pero Merlín retrátallo como instaurador da paz, que agarda a Lanzarote admirado pola súa valentía. Entón vence as súas dúbidas e prosegue camiño, sentindo a felicidade do regreso.
"Amor de Merlín" presenta o meigo, vello xa, namorado dunha doncela, Nimue. Aínda que non agarda ser correspondido, reivindica ante Artur o seu dereito a ser un insensato namorado, despídese del, e vaille contar todos os seus segredos á doncela, quen entón déixao pechado nun penedo. Aínda que axiña renuncia aos seus saberes máxicos pois namórase de Pelleas, un cabaleiro da Táboa Redonda. O meigo Lagoo descobre que no penedo só quedou atrapado o eco da voz de Merlín, quen debeu reencarnar en Pelleas.
"A morte do Rei Artur (Conforme á copia de Sir Thomas Mallory"): Artur leva oito meses con milleiros de homes cercando o castelo de Lanzarote, quen por liberar a Xenebra matara a dous irmáns de Galván, sobriños do rei. Enteirado que o seu fillo, Mordred, fixérase coroar rei facendo correr o bulo de que Artur morrera, e pretende casar con Xenebra, decide volver á corte. Avanza entre duras batallas contra os partidarios de Mordred, a encarnación do Mal, ao que se enfronta nun duelo épico e definitivo no que os dous se matan. Aínda que o corpo de Artur nunca apareceu. Ha volver.

128p.-13x19cm.  ISBN 84-7507-272-0
os lectores opinan Opinion
160p.-21x13cm.  ISBN 84-8302-606-6

 materiais    .  Proxectos de Animación á Lectura - Edicións Xerais