blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Guedellas de seda e liņo María Victoria Moreno: Guedellas de seda e liño
Col. Costa Oeste, 26. Ed. Galaxia
Vigo, 1999
Premios da Crítica Galicia 2000: Creación Literaria-Mención especial
White Ravens 2002

Relátase nesta novela a historia dunha familia acaudalada que vive nun pazo da vila pontevedresa de Redondela. O dono, Manuel Xesús Froilán Calderón de Celas, e a súa muller, María Xesús Beatriz Castro da Ponte viven sós ata que don Manuel aparece con María Xesús Micaela Calderón de Castro, unha nena que ninguén coñece e que queda a vivir co matrimonio. A alegría da nena, apodada Rato Chus polo tamaño dos seus incisivos, a súa simpatía e o seu carácter aberto contaxia a todos os habitantes do pazo e cambia por completo as súas vidas. A continuación descríbense as numerosas aventuras da nena na escola, na vila e no pazo. Todo sorrí na vida dos Calderón ata a repentina morte de don Manuel Xesús, un acontecemento que trae ao pazo a moitos dos familiares deste, entre eles ao seu irmán, un mariño mercante que pasou a maior parte da súa vida de viaxe, lonxe da súa familia e da súa terra e que resulta ser o verdadeiro pai de Rato Chus. Da verdadeira nai non se comenta nada, pola contra, afírmase que Rato Chus permaneceu no pazo coa que foi a súa única nai.

172 p. - 21x13 cm.               ISBN    84-8288-304-6
os lectores opinan Opinion




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1999
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil). Coordinación: Mª Isabel Soto López
Catalogación: Pedro Lucas - Biblioteca "Nova 33"
Col. Guías culturais, 22. Dirección Xeral de Promoción Cultural. Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo. Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2001