blix



AUTOR         ·         LECTOR         ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Flores negras Rafael Lema: Flores negras
Col. DoceXVintedous. Sotelo Blanco Edicións
Santiago, 1998

Historia que transcorre no Nadal dunha vila da Costa da Morte. Eva lembra como progresivamente foi entrando no canellón sen saída da heroína.
Esta rapaza volvera de Suíza, onde traballaban os seus pais, pasando a vivir en Galicia. De seguido descobre un escenario frío e escuro (que agoira un final tráxico) no que as expectativas para a mocidade son poucas e onde morrerá ao se estrelar a ambulancia que a levaba a dar a luz nun hospital. A protagonista e o seu mozo viven atrapados pola presión dos traficantes de droga e movidos a penas pola necesidade da dose diaria. Tamén se dá conta da violencia das forzas de seguridade e da falta de empeño por loitar contra o narcotráfico.
O autor tenta adaptar a linguaxe ao rexistro da xente nova e tamén á atmosfera sórdida que envolve toda a novela.

92 p. - 12x22 cm.               ISBN    84-7824-312-7
os lectores opinan Opinion




linha A nosa literatura infantil e xuvenil 1998
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia
Coordinación: Mª Isabel Soto López
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000