|
| Xoán Babarro:
Os feitizos de Medea Ilustracións de Cristina González Bustos Col. Punto de encontro. Everest Galicia. A Coruña, 2001 |
![]() |
Poemario histórico-narrativo de Xoán Babarro (Calvelo de Maceda-Ourense, 1947) que achega a historia amorosa entre Xasón e Medea. En once titulados de extensión variábel cóntase cómo Xasón, fillo do rei Esón, ten que pasar a dura proba de atopar o vélaro de ouro para acceder ao trono do seu tío Pelias. Unha busca na que coñece e se namora de Medea, tamén filla dun rei, grande entendida en bruxería e temida polos seus feitizos. Os namorados pasan un tempo xuntos ata que Xasón abandona a Medea por Creúsa, filla do rei Creonte. Os capítulos conteñen títulos que fan referencia expresa aos contidos que desenvolven, así: "O rei Pelias líbrase de Xasón", "Xasón na illa de Lemnos, "Xasón coñece a Medea", "Xasón vence touros e dragóns", "Medea escapa con Xasón e mata ao propio irmán", "Xasón pídelle a Medea que volva a seu pai mozo", "Lamentacións de Medea" ou "A morte do rei Pelias". Os versos, de arte menor, agrúpanse en estrofas de catro versos con rima nos pares. Finalmente, inclúese un glosario de tópónimos e antropónimos que dan a coñecer a localización xeográfica precisa da historia, así como os aspectos máis relevantes da vida dos personaxes nomeados. |
| 67 p. - 13x21 cm. ISBN 84-403-0404-8 |
os lectores opinan
|
| A nosa literatura infantil e xuvenil 2001 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia Coordinación: Amparo Raviña Rosende Col. Guías culturais, 29. Dirección Xeral de Promoción Cultural - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2003 |