blix



Agustín Magán: Farsa plautina
Col. A biblioteca do Arlequín, 21. Ed. Sotelo Blanco
Santiago de Compostela, 1993

Farsa plautina

Unha bonita comedia que ten o seu alicerce en seis obras de Plauto, fundindo os asuntos orixinais das mesmas nesta nova comedia.
O seu argumento consiste nun matrimonio que recibe a chegada do seu fillo Filócrates, o cal vén namorado de Selenia, moza que quere facer pasar por escrava na súa casa. Pero esta historia complicarase con outras, onde un Filócrates II (irmán xemelgo do primeiro) aparece namorado de Báquide, cortesá que á súa vez tamén entrará de escrava, por razóns moi distintas, na mesma casa ca Selenia. ¿Podedes imaxinar que líos hai entre estas dúas parellas?
A trama aínda se complica máis con Melánide, alcoviteira que por cartos é capaz de vender a calquera, o guerreiro fanfarrón Pirgopolinices, Gurgullo, o parásito gallofeiro que só pensa en comer de balde, Xúpiter, o deus que entende galego... ¿En que vos parece que acabará tanta mestura?

72 p. - 20x12 cm.                                                         ISBN    84-7824-173-6



A nosa literatura infantil e xuvenil 1993
Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33".
Coordinación Xosé-Victorio Nogueira Barcia e Mª Xesús Fernández Fernández
Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais. 1996



Opinion