blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN                  XÉNERO         ·         ANO



Xavier Franco: Eventuais
Col. Docexvintedous. Sotelo Blanco Santiago de Compostela, 1997

Eventuais

Mediante unha escritura translúcida, directa e que elimina calquera barreira entre lector e personaxes, Xavier Franco permite que neste libro se expresen as voces de vinteún protagonistas, vinteúnha vidas, vinteúnha historias da vida cotiá, de estudiantes e profesores, de parados e obreiros, de rapaces e vellos, de escritores e músicos, recollendo ó tempo os retallos, os momentos significativos, os fragmentos dunha realidade tan complexa e múltiple coma a das cidades galegas de hoxe.
Eventuais quere se-la expresión dunhas condicións de vida que exacerban na actualidade a desorientación e o efémero; mediante unha colaxe de diferentes narradores, puntos de vista e ambientes, combinando linguaxes pero sen perde-la homoxeneidade estilística e co obxectivo de apreixar esa realidade nos instantes que chegan a definir un personaxe, unha maneira de ser ou un aspecto crucial das historias contadas, Xavier Franco dá captado esa condición fuxidía e desnortada, momentánea, das existencias que acolle no seu texto, unha eventualidade e incerteza no vivir que define extraordinariamente a sociedade actual.
Desde o monólogo inicial dunha caixeira de supermercado ata a historia do músico de rock preso na súa propia celebridade, o libro tráenos á memoria, e en certa maneira está emparentado con elas, películas coma as "Vidas cruzadas" de Robert Altman e, no outro extremo, as pequenas historias do Chékhov máis cáustico e pesimista.
(información editorial)

104 p. - 12x22 cm.                   ISBN    84-7824-303-8
os lectores opinan Opinion