| Ánxela
Gracián: Eu tamén fun peliqueiro de
Laza Ilustracións de Coquixo Col. Punto de encontro. Everest Galicia A Coruña, 2001 |
|
Nesta novela-crónica de Ánxela Gracián (Castroverde-Lugo, 1968) preséntasenos con moito detalle o entroido de Laza. Como se trata dunha festa tradicional de moito colorido e farra, Coquixo optou por mostrarnos unhas ilustracións moi realistas axeitadas ao texto. Tomando como inspiración o entroido de Laza e a figura dos peliqueiros, tan coñecidos e admirados, descríbesenos cómo se vive nesta vila ourensá esta festa tradicional e ao mesmo tempo a vida, vestimenta, actividade... dos peliqueiros, e incluso cómo son considerados pola conciencia popular, sendo estes a alma mater da celebración. No relato, Alberto, o protagonista, reivindica e defende o seu dereito a se dedicar á farándula, á diversión, á fantasía e á sabedoría popular, despois de herdar por convicción os saberes da súa avoa. Dáselle tamén importancia á transmisión dos costumes que van pasando de xeración en xeración e fan que a cultura dun pobo siga viva tanto no día a día coma na mente das persoas. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 2001 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil) - Xunta de Galicia Coordinación: Amparo Raviña Rosende Col. Guías culturais, 29. Dirección Xeral de Promoción Cultural - Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo - Xunta de Galicia. Santiago de Compostela, 2003 |