| Antonio
García Teijeiro: En voz baixa Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 25 Vigo, 1998 |
![]() |
Roberto Veiga é o protagonista desta novela dividida en dúas partes diferenciadas pola alternancia de voces narradoras: na primeira parte é o propio Roberto quen fai un amargo relato da súa adolescencia, marcada pola separación dos seus pais. A súa soidade é aliviada pola música de Bob Dylan e Jim Morrison, que o acompañan na súa triste habitación e serven para acougar a súa inquedanza ante o silencio e a incomunicación dos seus pais. Na segunda parte un narrador en terceira persoa é o encargado de contar cómo Roberto vive unha nova etapa en convivencia co seu pai, co que irá conseguindo unha maior comunicación e unha resposta ós seus conflictos adolescentes, así como a súa experiencia con Lucía, o seu primeiro amor. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1998 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca "Nova 33" -Obra social da Caixa Galicia Coordinación: Mª Isabel Soto López Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 18. 2000 |