| X.R.
González Álvarez: A encrucillada da
torre Col. Árbore, 65. Serie Rosa. Ed. Galaxia Vigo, 1994 |
![]() |
Neste libro de
pequeno formato en edición rústica, o autor rememora en primeira
persoa unha infancia transcorrida na Galicia rural dos anos seguintes ó
remate da Guerra Civil. O relato abrangue un período da vida do autor
que vai desde os cinco ós doce anos, aproximadamente. A través
das súas lembranzas obtemos un fiel reflexo da vida da época. Os
xogos, a escola, os traballos do campo, a matanza do porco, a cocida do pan, as
mallas, as romarías, a emigración, as viaxes á cidade,
etc. son a temática que ocupa as 161 páxinas de que consta o
volume, que remata coa marcha do autor-protagonista a Ourense, para estudia-lo
bacharelato. |
|
| A nosa
literatura infantil e xuvenil 1994 Gálix (Asociación Galega do Libro Infantil e Xuvenil), Biblioteca Pública Municipal de Narón. Coordinación: Blanca-Ana Roig Rechou. Xunta de Galicia - Consellería de Cultura - Dirección Xeral de Cultura. Guías culturais, 7. 1996 |