blix



Xavier López Rodríguez: Días de desterro
Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 12
Vigo, 1996

Días de desterro

Condenado a catro anos por un "miserable atraco a unha gasolineira", o xove protagonista foxe ata a casa dos avós nunha afastada aldea para evitar a cadea. Desde alí, sen televisión nin xornais, comunícase mediante as quince cartas que compoñen o libro co compañeiro de atraco, que prepara cos amigos unha manifestación reclamando o indulto.
Por elas sabemos que ten a "enfermidade", que deixou hai tempo as drogas e os roubos e que ía comezar a traballar de camareiro. Descobre un novo mundo en contacto coa natureza no que non faltan as faenas do campo nin a indefensión dos vellos habitantes ante unha banda de encarapuchados ou o incendio duns castiñeiros milenarios. A amizade con Xurxo, que só aspira a seguir vivindo da pensión de viuvedade da súa mai e dos accidentes de camións provocados, e a feliz tranquilidade de bañarse no río con Xusta compoñen as dúas caras dunha crúa realidade sen falsas ilusións. Remata coa súa volta á cidade, aínda que sen esperanza de futuro.

51 p. - 21x13 cm.                                                          ISBN    84-8302-002-5



Opinion