blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN                  XÉNERO         ·         ANO



Mario Franco Rodríguez:
A derradeira campaña do capitán Samuel

Ilustracións de Eduardo Baamonde
Ed. Toxosoutos. Col. Nume. Noia, 2007
Premio "Avilés de Taramancos" de relato de aventuras 2007

A derradeira campaña do capitán Samuel

Conta Carlos as súas prácticas de navegación nun bacallaeiro, o Narval, no Mar de Barents en 1954. Dende o porto de Ferrol até o regreso, foron catro duros meses nos que conseguiron encher o barco de peixe de calidade nunha campaña marcada pola experiencia do capitán, Samuel Ferreiro, retirado pero dos poucos que coñecía os mares aos que ían. Era un home moi relixioso, recto e amargado porque ao perder dous fillos na guerra a muller toleara e morrera, segundo contou un mariñeiro, Outeiral, a quen lle salvara a vida a véspera de ser executado. Facendo o servicio militar no 36, atopáronlle uns cartuchos de dinamita no armario que lle metera un cabo. Acusárono de querer empregalos en sabotaxes e o capitán, sabedor da súa inocencia, deixouno fugarse. Aínda que o degradaron, non lle importou pois salvara un inocente.
A pesca ao arrastre resultara moi frutífera, pero todo se complicou o día en que, cando estaba facendo unhas reparacións no motor, Martínez insultou a Dardo, colleulle a chave inglesa e liaron, até que o primeiro caeu no motor e morreu. Levaron o cadáver a unha vila norueguesa. O narrador, que era a principal testemuña, vira que o morto lle dera unha patada ao compañeiro e por iso caera na máquina. Pero Dardo ía ter un xuízo militar porque pelexaran a bordo. De feito, na vila non puidera baixar do barco. Como xa levaban catro meses e con pesca excepcional, podían regresar a Ferrol. Pero antes pararon no porto de Bergen para celebralo. O capitán pechou a Dardo para que non saíse, por se se fugaba. Pero cando saíron do porto, xa non estaba no barco. Logo, en Ferrol, contou Outeiral que Samuel pedira un anticipo de 30.000 pesetas á compañía e deralle os cartos a Dardo. Axudárao a escapar porque sabía da súa inocencia.
Dardo foi xulgado en rebeldía e condenado a 15 anos por homicidio. Pero non estaba alí grazas a Samuel, "un home bo, pero que non cría na xustiza dos homes".

80 p. - 21x15 cm.                   ISBN    978-84-96673-25-0
os lectores opinan Opinion