blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Demasiados sinónimos Varios: Demasiados sinónimos
Premios do XXI Certame Literario "Minerva"

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 1994

Cun limiar de Luis Alonso Girgado, na súa condición de presidente do xurado, que introduce os textos cunha breve reflexión crítica sobre cada un deles, o libro reúne os traballos galardoados nos Premios do XXI Certame literario "Minerva". Actuou como mantedor nesta edición do concurso o poeta Uxío Novoneyra.
Recóllense os poemas premiados de Óscar García Maceiras, María Olga Novo Presa, Carlos Ignacio Penela Martín, Elena de Pedro Gil e Antonio Millán Torrado. Os autores dos textos narrativos son X. Manuel Dopazo Mella, Carlos Filloy Ballesteros, Iván Reimóndez Meilán, Alejandra López Prieto e David Creus Andrade. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.
Destaca tamén a maquetación e a concepción visual, obra de alumnos de deseño do propio centro editor.

111 p. - 19x19 cm.                   D.L.C-145/94
os lectores opinan Opinion