blix



AUTOR         ·         LECTOR          ·         COLECCIÓN         ·         XÉNERO         ·         ANO



Debuxo cos dedos Varios: Debuxo cos dedos liñas invisíbeis
XXXIV Premios Literarios "Minerva" 2006

Maqueta e Deseño de alumnos do Col. Manuel Peleteiro
Colexio Manuel Peleteiro - Revista Vamos
Santiago de Compostela, 2007

Cun limiar de Lois Diéguez, que actuou como mantedor nesta edición do concurso, no que homenaxea a Manuel María -poeta exemplar e mestre que o animou a presentarse cando mozo aos premios- e anima aos participantes a continuar a herdanza da literatura nacional galega, o libro reúne os traballos galardoados nos Premios do XXXIV Certame literario "Minerva". Recóllense os conxuntos de poemas de Iria Gestoso Ríos, Gabriela Abelenda Alonso, Brais González Pérez, Darío Fernández Fernández, Carlos Calvo Varela e Lidia Montes Camiño, gañadores do primeiro, segundo e terceiro premios, e mais dos tres accésits. Os autores dos textos narrativos son Triana Doce Palmieri, Andrés Meixide González, Alberto Cea Duro, Olalla Tuñas Martínez, que se fixeron acredores dos tres primeiros premios e un accésit, respectivamente. Todos eles, xoves que cursan estudios de ensino medio en diferentes centros de Galicia.
A edición complétase cunha reportaxe fotográfica do acto de entrega dos premios e as intervencións dos diversos participantes.

110 p. - 19x19 cm.                  ISBN 978-84-611-5140-0
os lectores opinan Opinion