|
| Jaureguizar:
A Cova das Vacas Mortas Eds. Xerais. Col. Fóra de Xogo, 95. Vigo, 2006 Premio Fundación Caixa Galicia de Literatura Xuvenil 2006 |
![]() |
Xoel é un mozo de Negueira de Muñiz
que vive coa súa nai, de orixe alemá, nunha comuna na aldea de
Foxo, preto do encoro de Salime. Farto da vida que leva soña con poder
marchar de alí e embarcar nun petroleiro. A vida de Xoel muda o
día en que o seu avó, viúvo e enfermo de alzheimer, chega
dende Berlín para reatoparse coa filla. Entre a equipaxe, trae unha
maleta chea de fitas de cine e mais unha cámara super 8. O vello
cóntalle que foi colaborador da polémica e xenial directora de
cine alemá Leni Riefenstahl, acusada de simpatizar co réxime
nazi. Neses días Xoel coñece tamén a Iria, filla dun dos
antigos propietarios das casas de Foxo, os cales comezaron a reclamar as
súas vivendas ocupadas cando se construíu unha pista que fixo
accesible o lugar. Entre eles nacerá unha historia de amor enfrontado.
Iria, defende o dereito dos antigos propietarios de Foxo a recuperaren as
súas propiedades e ademais representa a crítica ao nazismo e a
calquera tipo de colaboración con ese réxime, mesmo a que
mantiña o avó de Xoel ao axudar na filmación de escenas
nazis. |
| 144 p. - 21x13 cm. ISBN 978-84-9782-480-4 / 978-84-96494-77-0 |
os lectores opinan
|
| materiais |
|